******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

GALICIA

Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galicia
Galiza
Bandeira de GaliciaEscudo de Galicia
BandeiraEscudo
Himno"Os Pinos"
MENÚ
0:00
 
Localización de Galicia.svg
 
EstadoEspaña España
Capital
 • Poboación
Bandera de Santiago de Compostela.svg Santiago de Compostela
95.800 hab. (2014)
Linguas
 • Oficiais

Galego e castelán
Status
 • Presidente
Comunidade Autónoma
Alberto Núñez Feijóo (PPdeG)
Estatuto6 de abril de 1981
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 7º
29.574,4 km²

con Portugal 296[1] km
1.562 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 5º
2 748 695 hab. (2014[2])
92,94 hab./km²
Xentiliciogalego/a
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet.gal
Código ISOES-GA
Sitio web oficial
Subdivisións de España
Galicia[3] (Gl-Galicia.ogg pronunciación ) ou Galiza[4] (Gl-Galiza.ogg pronunciación ) é unha nación[5] recoñecida internacionalmente en 1933[6][7] e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como comunidade autónomasegundo a Constitución española co rango de nacionalidade históricadeterminado no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste daPenínsula Ibérica e linda, ao leste, coascomunidades autónomas de Asturias eCastela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.
Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galicia posúe 2 748 695 habitantes (2014), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e VigoSantiago de Compostela é a capital cun estatuto especial[8], dentro da provincia da Coruña. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: VigoA CoruñaOurense,LugoSantiago de Compostela,Pontevedra e Ferrol.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Europa segundo Estrabón coa localización das Cassitérides.
Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabralatina Gallaecia (ou Callaecia), que significaba literalmente "terra dos galaicos". Callaecia[9] “A terra dos Callaeci”, de *kallā- “madeira”[10] co sufixo complexo local -āik-. Máis tarde tornouse Gallicia, actual Galicia ou Galiza. Os galaicos (en latín:Gallaeci, en grego: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da Península Ibérica xa antes da súa integración ao Imperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do río Douro; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de lingua celta e culturalmente homoxéneo, situado entre o mar Cantábrico e o río Douro[11].
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneralromano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes[12]. Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron EstrabónPlinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da Galia[13]. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos daslinguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, a día de hoxe, descoñecido.

Símbolos de Galicia[editar | editar a fonte]

Bandeira de Galicia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Bandeira de Galicia.
Bandeira do antigo Reino de Galicia.
Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais do século XIXpolos galeguistas históricos do Rexurdimento, como insignia nacional[14], ondeando desde polo menos o ano 1891. Ten fondo branco e presenta unha franxaazul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

Escudo de Galicia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Escudo de Galicia.
O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos reis de Galicia (roys de Galyce) do Armorial Segar de Inglaterra no ano 1282. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 da Lei de símbolos de Galicia:
O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada degoles ou vermello[15].

Himno galego[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Os Pinos.
Eduardo Pondal, autor do poema que fornece a letra d′Os Pinos.
O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Foi estreado na Habana,Cuba, o 20 de decembro de 1907.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Galicia.

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Prehistoria en Galicia.
Dolmen de Corveira, construído entre o IV e III milenios a. C., é unha típica anta de corredor que forma parte do conxunto Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro, Eirón, Mazaricos.
As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico inferior, durante o Plistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dendeRibadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha industria acheuliana a base de bifaces, fendedores, triedros... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o ´Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico ouacheuliano. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido.
A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros[Cómpre referencia] de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce[editar | editar a fonte]

É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos. É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dosPireneos.

Etapa castrexa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura castrexa.
Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Os celtas trouxeron novas variedades de gando, o cabalo domesticado e probablemente o centeo.
O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dossaefes, no século XI a. C. Someterá os oestrimnios, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas con Bretaña e Inglaterra. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo queEstrabón dixera deles que eran os máis difíciles de vencer de toda Lusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos galaicos aínda non estaba constituída política e administrativamente.
Vivenda castrexa reconstruída.
Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foxo e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o de FazouroSanta TregaBaroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao eViladonga. Común a todos eles é o feito de que o home se adapta ó terreo e non ó contrario.
En canto ós templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ou Urnenfelder como se coñecen pola súa denominación enalemán). Existen tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.
Dende finais do Megalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira orixe e significado (son moi coñecidas as de Campo Lameiro).

Idade Antiga[editar | editar a fonte]

romanización[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gallaecia.
Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.
cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose óarianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara ao galego e mesturándose o segundo cos costumes pagáns.
islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome dePortugal. As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería pastoril.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reino de Galicia.
A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' noséculo IX conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago de Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns con Europa. O Camiño de Santiagoconverteuse nun eixo cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dostrobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galicia na Idade Moderna.
A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformación de España, pasando polos chamados Séculos Escuros, nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelanfalantes. Neste século, Galicia era un dos territorios máis poboados de Castela, e ata 1750 experimentou un rápido crecemento demográfico.[16]

Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]

Século XIX[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galicia na Idade Contemporánea.
En 1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do "Reino de Galicia". É aquí onde nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.
O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la unidade de Galicia contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e o 23 de abril de 1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.
Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de CastroManuel Curros EnríquezMurguía,Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Século XX[editar | editar a fonte]

Logo do provincialismofederalismo e rexionalismo do século anterior, xorde a etapa daSolidaridad Gallega, de 1907 á Primeira Guerra Mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha representación galega (o que se saldou cun fracaso).
Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamada 'xeración Nós', en torno á revista do mesmo nome, acompañada de1920 á Segunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental desde o poder político central.
Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón CabanillasRamón Suárez PicalloCastelao... En 1936 o PG, para lograr o estatuto para Galicia, aliouse coa Fronte Popular e a resultas desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao presentouse a Cortes pouco antes daGuerra Civil española.
Franquismo[editar | editar a fonte]
Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Francisco Franco.
Na posguerra créase en Buenos Aires o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optando polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia.
No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, que Méndez Ferrín, un dos seus fundadores definiu como o partido nacionalista de esquerda revolucionaria) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X. M. Beiras e Salvador García-Bodaño).

Ningún comentario :

Publicar un comentario