******* CAMPIONATO PROVINCIAL EN IDADE ESCOLAR: BENXAMIN: XOAN VILA E IGAGO GRUEIRO OURO, VENCENDO EN TODOLOS ENCONTROS * ALEVIN MASCULINO: YAGO MARCOS E ALEJANDRO VEIGA, BRONCE, TAMÉN PARTICIPARON SARA HERNANDEZ E PANCHO CAMPO * FINALMENTE EN INFANTIL FEMININA IRENE FERNANDEZ E ANGELA LESTAYO, OURO, PARABÉNS A ESTA NOVA XENERACIÓN DO CLUB POLO SEU TRABALLO ******* VI TORNEO INTERNACIONAL "CIDADE DE FERROL", O VENRES 19 A PARTIR DAS 7 DA TARDE OS AFECCIONAD@S PODEDES ACHEGARVOS E XOGAR NAS 24 MESAS QUE VAN A ESTAR PREPARADAS PARA O TORNEO DO SABADO 20 E DOMINGO 21 * O SABADO 20 XORNADA DAS PROBAS DE IDADE, NA QUE PARTICIPARAN 52 ATLETAS DE PORTUGAL *******

luns, 20 de novembro de 2017

TERCEIRA VICTORIA DA TEMPADAf

Formacións dos equipos TDM Basanta e San Xoan Galicia Saudable
Despois de sete encontros disputados a victoria por 4-1 diante de TDM Basanta, supón a terceira victoria da tempada e a colocación do equipo na zona morna da taboa clasificativa.

Ton, Fernando e Michel foron os encargados de buscar unha nova victoria que os alonxara da zona de perigo, e así o fixeron, acadando 2 puntos Ton, 1 Fernando e o dobre que xogaron Ton e Fernando.

luns, 15 de maio de 2017

EXITOSO PROVINCIAL

DOUS OUROS E UN BRONCE

O club estivo representado no provincial en idade escolar, disputado o sábado 13 na localidade de Zás.
Xoan Vila e Iago Grueiro ouro benxamins.
Yago Marcos e Alejandro Veiga bronce alevin.
Irene Fernández e Angela Lestayo ouro infantil.
Parabéns e a seguir traballando para marcar unha nova época no club.

NON PUIDO SER: 20 PUNTOS NON CHEGARON

Javi Benito, Anthony Olugbenga, Fer López, Rubén García
A pesar da boa campaña realizada, xa que quedamos a 8 puntos do lider Vilagarcia, por primeira vez, un equipo con media liga gañada, 20 puntos, vese na obriga de descender de categoría.

Resulta ser un castigo o resultado final deste grupo 1 da División de Honra para éste club, que de xogar no grupo 2 clasificariamos seguro para ascenso á super, pero ainda así foi unha tempada de disfrute, xa que nesta tempada pasaron por San Xoan grandes xogadores nacionais e extranxeiros, ao que non estabamos afeitos.

Tocará voltar á primeira na que os obxectivos serán os que o plantel de xogadores que nos representen sexan capaces de acadar, sendo sempre o primeiro, salvar a categoría.

Grazas a Javier Benito e Anthony Olugbenga, polo traballo e polas boas persoas que son, un prazer, sorte.

luns, 23 de xaneiro de 2017

SUFRIDA E IMPORTANTE VICTORIA NA DIVISIÓN DE HONRA


Markovic e Lozano do Álamo fronte a Benito e Olugbenga



A pesar de vir coa etiqueta de colista e ter baixas por lesión, a presenza de Markovic e Lozano, xunto co veteranisimo Paco Martín, iban a pelexar pola victoria e tentar sair do pozo, e así o fixeron.

Ainda así tiñamos fe na victoria, ainda que a combinación de partidos polas alineacións de ambos equipos non era a mais óptima, xa que as dúas victorias de Javier Benito e a de Anthony xa aseguraban forzar o dobre, había que conseguir unha cuarta victoria, que tanto Anthony como Rubén non foron quen de acadar.

Chegamos así a un dobre intenso e impredecible, e que a veterania na categoría de Benito e a compenetrada dupla con Olugbenga fixeron que por 3-1 os dous puntos quedaran en terras ferrolás, achegando así a salvación.

DIVISIÓN DE HONOR MASCULINA GRUPO 01

 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  IRUN LEKA ENEA11101472420
2  SAN SEBASTIAN DE LOS REYES1082431816
3  ESTABLECIM. OTERO-CAMBADOS1183422616
4  VILAGARCIA COCINAS BULTHAUP972332414
5  CLUB SAN XOAN GALICIA SAUDABLE1165353312
6  A.D. COLLADO MEDIANO1055322910
7  CTM PROGRESO114734378
8  MONTE PORREIRO DEPORTE GALEGO114732378
9  NOROESTE - LAS ROZAS114729398
10  OROSO TM DEPORTE GALEGO114725438
11  C.T.M. MOSTOLES112924434
12  C.T.M. EL ALAMO112924474


 JORNADA   1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11    TODAS    
 12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22 

 JORNADA


11
  FECHA    HORA  LOCALVISITANTE  PL    PV    ACTA  
21/01/2017
16:00
1
5
21/01/2017
16:00
4
3
21/01/2017
18:00
1
5
21/01/2017
18:00
3
4
22/01/2017
11:00
2
4
22/01/2017
11:00
4
3







martes, 17 de xaneiro de 2017

IMPREVISTO REGALO DE REIS

A visita do San Sebastián de los Reyes madrileño, co seu equipo B, sorprendeunos, e dounos a posibilidade de acadar dous puntos, que a priori se presentaban moi dificiles.

Foi un encontro cómodo finalmente, con  dobre victoria de Anthony e Ruben e unha de Fernando López.

O equipo volta á quinta posición na táboa.


DIVISIÓN DE HONOR MASCULINA GRUPO 01


 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  IRUN LEKA ENEA990401718
2  ESTABLECIM. OTERO-CAMBADOS1082392216
3  SAN SEBASTIAN DE LOS REYES972381714
4  VILAGARCIA COCINAS BULTHAUP862292112
5  CLUB SAN XOAN GALICIA SAUDABLE1055313010
6  MONTE PORREIRO DEPORTE GALEGO104630338
7  CTM PROGRESO114734378
8  NOROESTE - LAS ROZAS104628348
9  OROSO TM DEPORTE GALEGO104624388
10  A.D. COLLADO MEDIANO83523266
11  C.T.M. MOSTOLES112924434
12  C.T.M. EL ALAMO102821434
PRIMEIRA FEMININA

A pesar das baixas de María e Noa, as infantiles Irene Fernández e Angela Lestayo acompañaron a Saleta e Andrea acadando dúas victorias por 3-4 diante de Narón e Dez Portas, cedendo só diante de Cidade de Narón por 4-2.
O equipo feminino situase agora na cuarta praza empatado con Vincios de Gondomar e Coruña, segundo e terceiro respectivamente.

PRIMERA NACIONAL FEMENINA GRUPO 01


 P 
EQUIPO
  EJ  
  EG  
  EP  
  PF  
  PC  
  PTOS  
1  CLUB DEL MAR FEMENINO10100441720
2  A.D. VINCIOS1073392214
3  C.T.M.CORUÑA1073372514
4  CLUB SAN XOAN - GALICIA SAUDABLE1073362714
5  AVILES T.M.1064382512
6  MONTE PORREIRO B1055312910
7  PADRE ISLA - SARIEGOS1055313010
8  CTM CIDADE DE NARÓN103725376
9  LUARCA TENIS DE MESA103723376
10  DEZ PORTAS LUGAUTO102820414
11  CLUB NARÓN1001014480